Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

IV Congreso Internacional. A Fenda Dixital: TIC, NEE, Inclusión e Equidade

Versión para impresiónSend by email
Descrición:

A través do IV Congreso a Fenda Dixital, preténdese crear un espazo de encontro internacional co fin de xerar debate sobre o estado actual das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos diferentes contextos educativos. Especificamente o obxectivo principal do Congreso é analizar as posibilidades que as TIC poden ofrecer para contribuír ao desenvolvemento de procesos de inclusión educativa, á abordaxe das necesidades educativas especiais e a facilitar ou promover a igualdade.


Destinatarios:
Profesorado de todos os niveis de ensino · Educadoras-es Sociais, Pedagogas-os, Psicólogas-os, Psicopedagogas-os, Traballadoras-es Sociais. · Estudantes e Persoal Docente e Investigador das universidades e centros de investigación. · Profesionais de Administracións Públicas e Integrantes de Sindicatos, MRPs e outros colectivos interesados nas TIC, a inclusión e a igualdade. · Profesionais en xeral que estean interesados en reflexionar e investigar sobre as TIC e o seu papel transformador da sociedade e educación.

Lugar:
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), Santiago de Compostela.

Nº de horas:
24 h

Comezo rexistro:
Mar, 15/12/2015

Fin rexistro:
Ven, 01/04/2016

Data inicio:
Xov, 07/04/2016

Data fin:
Sáb, 09/04/2016

Horario:
De 09:00h a 20:00h


Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal