Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Iniciación ao retoque de fotografía dixital con Gimp

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Data de inicio:
Lun, 02/10/2017
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Presencial
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Santiago de Compostela
Perfil/requisitos:
Bo coñecedor do programa Gimp e informático
Descrición:
A biblioteca Ánxel Casal precisa unha persoa voluntaria para a realizacion do apoio "Iniciación ao retoque de fotografía dixital con Gimp". A duración do curso estímase nunhas 10 horas repartidas en varias sesións de 2 horas de duración. O horario é de 18.30 a 20.30 horas. O curso ten como obxectivos a formación dos usuarios no eido das novas tecnoloxías e proporcionar aos participantes os coñecementos e as prácticas necesarias para a manipulación de imaxes digitais, a través do uso do programa de software libre Gimp. Aprenderán a editar e retocar fotografías, crear fotomontaxes e aplicar efectos. Este obradoiro ten un carácter eminentemente práctico de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá. Tanto os horarios como as datas de realización do apoio están suxeitos a modificacións en función da dispoñibilidade do voluntario/a.
Número de vacantes:
1
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal