Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cadeira de rodas

A robótica mellora a mobilidade das persoas con discapacidade intelectual usuarias de cadeiras de rodas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/07/14 (10:38)

O enxeñeiro Jordi Albó, profesor de robòtica de La Salle-URL, participou no desenvolvemento dunha tecnoloxía que permitirá circular de forma autónoma por unha contorna urbana ás persoas con discapacidade intelectual usuarias de cadeiras de rodas.

O proxecto, denominado "Follow me", está deseñado para seguir a un guía do grupo de paseo e proporciona autonomía aos usuarios, xa que aforra calquera intervención do usuario ou da persoa que dirixa a cadeira.

"Follow me", que foi presentado o 24 de xullo en Sitges, foi desenvolvido polos investigadores do grupo de investigación en Enxeñería do Coñecemento da UPC, liderados polo profesor Cecilio Angulo, da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Vilanova i a Geltrú, e o profesor de robótica Jordi Albó, de La Salle-URL, que coordinaron e supervisaron o deseño do sistema, que substituirá o "joystick" e robotizará as cadeiras.

Haberá dúas variantes de cadeiras: unha básica, para interiores e paseos normais, e outra de gama máis alta con tracción ás catro rodas. As cadeiras circularán a paso de peón, entre 3 e 6 quilómetros por hora, e algunhas disporán de tracción ás catro rodas, para poder ir tamén por contornas naturais como a praia ou a montaña. As cadeiras terán un custo aproximado de 100.000 euros (47.200 euros dos cales poderán ser subvencionados cunha axuda da Obra Social "la Caixa").

O proxecto, impulsado pola Fundación Ave María, conta coa colaboración do Concello de Sitges e a Obra Social de "la Caixa".

A nova tecnoloxía estará acabada de aquí a un ano e poderase aplicar nas cadeiras de rodas de persoas con discapacidade intelectual, máis de 10.000 en Europa.

Tema: Xeral
Fonte: Universitat Ramon Llull
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal