Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Big Data Analytics Plataform

Os "wearables", grandes aliados na investigación do Parkinson

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/08/14 (08:43)

Sempre nos queixamos de que ultimamente os wearables están en todas partes, con todo se non fóra por iso, probablemente nunca chegarían a propoñerse como a útil ferramenta que agora vai supoñer para a investigación do Parkinson. Como les. A coñecida fundación de Michael J.Fox (MJFF) e Intel uníronse para traballar xuntos nun novo proxecto de estudo no que os dispositivos persoais son o núcleo principal, encargándose de recoller continuamente información.

Desta forma, os pacientes poden deixar atrás os diarios persoais propios destas investigacións (nos que se anotan os síntomas e actividades diarias) e levar simplemente na boneca un wearable que se encarga de medir, as 24 horas do día e de maneira moito máis obxectiva e fiable, a velocidade de movemento, a severidade dos tremores ou mesmo a calidade do soño.

Esta enorme cantidade de datos será procesada por unha plataforma de análise de datos desenvolvida por Intel, que emprega o software open-source de recollida, almacenamento e manexo de datos Cloudera. No futuro, esta plataforma podería mesmo ser usada con técnicas máis avanzadas, con idea de desenvolver modelos predictivos que detecten cambios na enfermidade de maneira moito máis precisa.

O estudo está a traballar ademais nunha aplicación móbil, que permitirá aos pacientes introducir datos sobre a toma de medicacións e anotar tamén as súas sensacións, axudando así a complementar o resto de datos recolleitos.

Non resulta marabilloso que a tecnoloxía que usamos a diario poida chegar a axudar neste tipo de avances?

Tema: Xeral
Fonte: In
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal