Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tendas apps

Clasificación das aplicacións por idade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/09/14 (11:53)

Como saber se as aplicacións que descargan os nenos son apropiadas ou non para a súa idade?

Tanto en App Store coma en Google Play, as aplicacións están catalogadas pero os criterios, a forma de facelo e a mesma clasificación é diferente. Por iso é interesante coñecer como se organizan e que se pode facer para evitar descargas con contidos inadecuados. Diferenciamos por sistemas operativos:

App Store

  • A clasificación realízana os técnicos de Apple.
  • As aplicacións ordénanse en 4 grupos diferentes:
    • 4+: Non conteñen material inconveniente.
    • 9+: poden conter
      • Violencia moderada e pouco frecuente en debuxos e escenas fantásticas ou realistas.
      • Ocasionalmente, contidos para adultos, suxestivos ou de terror.
    • 12+: poden conter
      • Palabras lixeiramente groseiras pouco frecuentes, violencia frecuente ou intensa en debuxos e escenas fantásticas ou realistas.
      • Temas para adultos ou levemente suxestivos pero pouco frecuentes.
      • Simulación de xogos de azar.
    • 17+: poden conter
      • Linguaxe basta intensa e frecuente.
      • Violencia intensa e frecuente en forma de debuxos animados, fantasías ou descricións realistas.
      • Temas suxestivos, para adultos e de horror intensos e frecuentes.
      • Contido de natureza sexual, nus, alcohol, tabaco e drogas.

Para evitar que os menores descarguen aplicacións con contidos para adultos poden establecerse límites en "Ajustes"-"General"-"Restricciones". Dentro de "Contido permitido" pódese seleccionar a idade axeitada para música, películas, programas, aplicacións, páxinas web e, mesmo, controlar o vocabulario de Siri. 

Google Play

  • A clasificación realízana os desenvolvedores das aplicacións.
  • Tamén existen 4 grupos:
    • Para todos:
      • Non deben recompilar información sobre a situación do usuario.
      • Non poden conter material inadecuado.
      • Non poden compartir contido xerado polo usuario nin incluír funcións sociais.
    • Nivel de madureza baixo:
      • Poden incluír escenas de violencia fantástica ou animada moderada, ou calquera outro contido potencialmente ofensivo.
      • Poden recompilar datos sobre a situación do usuario para proporcionar información específica desa situación ou para mellorar a experiencia do usuario.
      • Non deben compartir os datos con outros usuarios.
      • Poden incluír algunhas funcións sociais, pero o seu obxectivo principal non pode consistir en permitir que os usuarios busquen outros usuarios e se comuniquen entre si.
    • Nivel de madureza medio:
      • Poden conter referencias sexuais, violencia real ou violencia fantástica intensa, blasfemias ou humor groseiro, referencias ao uso de drogas, de alcohol e de tabaco, funcións sociais e simulacións de xogos de azar.
      • Estas aplicacións poden recompilar datos sobre a situación do usuario co obxectivo de compartilos ou de publicalos co consentimento do usuario.
    • Nivel de madureza alto:
      • Poden incluír o seguinte contido ou estar baseadas nel: contido sexual e provocativo frecuente, violencia gráfica, funcións sociais, simulacións de xogos de azar e referencias contundentes ao uso de drogas, de alcohol e de tabaco.
      • Estas aplicacións poden recompilar datos sobre a situación do usuario co obxectivo de compartilos ou de publicalos co consentimento do usuario.

Pódese configurar un filtro de contido para controlar os tipos de aplicacións que se descargan. Para iso dentro de Google Play hai que ir a "Ajustes" - "Controis de usuario" - "Filtro de contido" e seleccionar os requisitos que se desexan. É necesario dalo a aceptar e recomendable protexer estes cambios cun contrasinal. 

 

Tema: Xeral
Fonte: taconline.net
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal