Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App Cincenta

10 apps de contos clásicos para tabletas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/10/14 (10:06)

Recompilamos 10 apps de contos clásicos para iPad e/ou para calquera tableta que utilice o sistema operativo Android, para que os alumnos de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria poidan coñecer de forma divertida estes relatos a través destes dispositivos. Que outras coñecedes?

Contos clásicos infantís

Esta app gratuíta da editorial Susaeta, dispoñible para iPad, recompila seis contos animados, táctiles e interactivos: Bambi, Brancaneves, Cincenta, Peter Pan, Pinocho e O libro da selva. Ademais, están narrados e traducidos a cinco idiomas, o que permite estimular aos alumnos a aprendizaxe das súas primeiras palabras noutras linguas.

24 Contos Clásicos Infantís

Desde O Mago de Oz a Merlín, pasando polo soldadiño de chumbo ou O patiño feo. Con esta app gratuíta para iPad os alumnos descubrirán algúns dos relatos máis populares da literatura universal. Pódenos escoitar e tamén ler ao ser textos sinxelos de comprender, iniciándose na lectura dun modo ameno e entretido con debuxos e ilustracións que chamarán a súa atención.

A historia de Carapuchiña Vermella

Esta app para iPad ofrece, por unha banda, un conto clásico para a súa lectura e, por outra, un conto interactivo con son e animacións para que o alumno poida crear a súa propia historia, así como colorear coas mans a Carapuchiña Vermella e a outros personaxes do conto. A app está dispoñible en nove idiomas.

DeCuentos

Dispoñible para tabletas Android, esta app grautita ofrece unha selección de videorelatos na que os sons e as voces, as mans e os obxectos reinventan os contos de sempre e descobren outros novos para mirar, escoitar e gozar. Permite descargar os vídeos no dispositivo, crear unha lista de contos favoritos e compartir os que máis gusten.

Hansel e Gretel e outros contos

Especialmente deseñada para a aprendizaxe de idiomas, esta app dispón de tres contos (Hansel e Gretel, A lebre e a tartaruga e O traxe novo do emperador) narrados en español, inglés e chinés. Así, o contido completo do conto está subtitulado tanto en inglés como en chinés para que os alumnos poidan ler á vez que o escoitan.

Pinocho

Creada para a aprendizaxe de Inglés dos alumnos de 3 a 7 anos, esta aplicación gratuíta para Android narra neste idioma a historia deste divertido boneco de madeira. Tamén permite aos alumnos repetir algunhas frases tras escoitalas e entender o significado da frase grazas a unha breve explicación.

O Principiño

Dispoñible en español e inglés,  trátase da primeira app para iPad deste famoso libro traducido directamente do manuscrito orixinal en francés. "O Principiño" é a obra máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.

Contos Clásicos da Caixa

Ofrece de forma narrada ou con textos os clásicos infantís, como Pulgarciño, O patiño feo, Pinocho ou O tres porquiños, entre outros. Ademais, pódense gravar a súa voz na narración. Esta aplicación permite aos alumnos iniciarse na lectura, fomentando o proceso de comprensión lectora dunha maneira amena con animacións, personaxes escondidos e sorpresas que deben ir descubrindo tocando na pantalla. Dispoñible tanto para dispositivos Android como iOs.

Audio contos para nenos

Esta app grautita para tabletas Android ofrece aos alumnos de Educación Infantil 30 audiocontos relatados por persoas: O soldadiño de chumbo, Pulgarciño, O patiño feo, Brancaneves e o sete ananiños, entre outros moitos.

Cincenta HD

Nesta aplicación para iPad os alumnos atopan unha historia interactiva que poden escoitar até en once idiomas, entre eles en español, catalán, galego e eúscaro. Ademais, ofrece a posibilidade de gravar a súa propia voz e inclúe tres xogos.

Tema: Xeral
Fonte: Educación 3.0
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal