Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Google

Google traballa nun detector de infartos e cancro

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/10/14 (09:22)

Google mostrou un forte interese polo sector médico e agora anunciou que está a traballar nun detector para o diagnóstico temperán de enfermidades importantes, como o cancro, os infartos e os derrames a través de nanopartículas.

O detector de enfermidades consiste nunha pulseira cun sensor que monitoriza a actividade de nanopartículas. Estas nanopartículas introduciríanse no corpo humano, en concreto, no torrente sanguíneo, a través dunha pílula comestible, segundo explicou BBC.

A actividade das nanopartículas sería atopar as diferenzas que existen entre os tecidos sans e os afectados, por exemplo, polo cancro, facendo un diagnóstico precoz da enfermidade e así axudar a tratala canto antes para salvar a vida da persoa.

A idea de introducir no corpo humano nanopartículas radica en que estas poden explorar o corpo tanto a nivel molecular como celular. En base a unha serie de marcadores, distinguen os tecidos afectados e, mesmo, poderían adherirse a eles e axudar a destruílos.

Polo momento, o proxecto está na súa fase inicial, e está liderado pola unidade de investigación Google X.

Tema: Xeral
Fonte: Portal TIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal