Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
NASA App

Estas son as 23 mellores aplicacións de Android para os amantes das ciencias

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/10/14 (09:19)

Se es un apaixonado das ciencias é probable que che guste levar no móbil algunhas aplicacións tanto para aprender como para utilizar de referencia na teu día a día, ademais de divertirte con elas se cadra. Nós escollemos algunhas aplicacións científicas de diversos campos, algunhas delas enfocadas á aprendizaxe, outras como aplicacións de referencia e outras pensadas para que pases un bo intre mentres xogas ou aprendes.

Por máis que queiramos sempre nos quedará moito por aprender e estas aplicacións axudarannos a que sexa máis sinxelo introducirnos en calquera campo científico que antes nos era alleo. Sempre se pode pasar un bo intre coa ciencia e nós temos algunhas propostas para iso.

1. WolphramAlpha, unha aplicación imprescindible
Se che gustan as matemáticas, a física, a química ou calquera outra ciencia esta é a mellor aplicación que podes ter. WolphramAlpha pon case todo o coñecemento científico ao teu alcance: cálculo, aritmética, lóxica, estatística, astrofísica, materiais, socioeconomía, medicamento, xeografía, historia, música, cultura, etc. Todo o que queiras saber nunha soa aplicación que ademais resolve problemas matemáticos e ofrece gráficos.

Ademais, se o que queres é aprender, WolphramAlpha dispón de varias aplicacións con cursos de diversas materias de matemáticas, física e química que che axudarán a dominar tódalas materias.

2. 3D Brain, aprende sobre o teu cerebro
3D Brain é unha aplicación didáctica en 3D na que se pode aprender sobre o funcionamento do cerebro. Permíteche interactuar con cada unha das súas partes, descubrir as súas funcionalidades, que consecuencias hai cando cada zona sofre danos e como lle afectan as enfermidades mentais. Ademais inclúe casos médicos e links a estudos modernos. Imprescindible para todos aqueles que gocen aprendendo sobre neuroloxía e psiquiatría.

3. RealCalc, a calculadora científica
Os que estudamos ciencias na era pre-smartphones necesitabamos custosas calculadoras científicas, hoxe tanto científicos como enxeñeiros poden utilizar potentes calculadoras programables con só instalar unha aplicación. Unha das máis completas é RealCalc Plus.

4. Star Walk, para mira-las estrelas
A realidade aumentada consegue que esta aplicación de astronomía vaia un paso máis lonxe. Só é necesario apuntar o teu smartphone cara a unha estrela ou constelación e a aplicación detectaraa e darache toda a información sobre ese corpo celeste: características, cálculos, e mesmo imaxes en alta resolución.

5. Essential Anatomy 3, todo o que necesitas saber sobre anatomía
Essential Anatomy 3 é a aplicación de anatomía máis completa que se pode atopar en Android. Os gráficos en 3D teñen detalles a nivel médico que a fan ideal como medio de referencia ademais de para estudantes e profesionais sanitarios. A aplicación inclúe a anatomía esencial de dez sistemas: esqueleto, músculos, tecido conectivo, veas, arterias, nervios, respiratorio, dixestivo, urinario, linfático e inclúe o corazón e o cerebro.

6. Color Blind Test, para detecta-lo daltonísmo
Se crees que poderías ser daltónico deberías ir ao oftalmólogo, pero mentres esperas a visita podes facer este simple test, similar ao que che fan os oculistas nas súas consultas e polo que poderás obter un diagnóstico aproximado.

7. Fungipedia, para os buscadores de cogomelos
Tanto se es un estudioso dos cogomelos, coma se che gusta saír a buscalos no outono, en Fungipedia atoparás unha completa guía para o seu estudo e identificación. A aplicación inclúe 250 especies e máis de 1.300 imaxes. Ademais a xeolocalización axudarache a atopar o lugar óptimo para localizar cada especie. Iso si, antes de consumir calquera cogomelo mellor consultar a un experto.

8. Collider, para vivi-lo CERN
Se che gusta a física de partículas e es capaz de mencionar tódolos bosóns, non só o de Higgs, seguramente goces desta aplicación. Collider permíteche ve-los datos do experimento ATLAS do LHC e dispón dun streaming en directo cando está activo.

9. Earth Now, para estuda-lo cambio climático coa NASA
A NASA ofrécenos unha aplicación cos detalles climáticos globais máis importantes dunha forma moi visual para poder estudar o cambio climático da terra. A aplicación ofrece un modelo en 3D da terra con datos da temperatura, o dióxido de carbono, o monóxido de carbono, o ozono, o vapor de auga, a gravidade e as variacións do nivel da auga do mar.

10. Manual Práctico de Hematoloxía
Manual Práctico de Hematoloxía é un manual con información e ilustracións para resolver calquera dúbida sobre hematoloxía. Ideal tanto para aprender todo o imprescindible sobre o sangue como para resolver dúbidas na práctica clínica diaria dos profesionais da sanidade. O seu potente buscador de palabras crave axudarache a atopar rapidamente a información que necesitas.

11. Periodic Table Droid, unha tabla periódica
Se necesitas unha táboa periódica Periodic Table Droid é unha completa aplicación na que ademais da táboa periódica atoparás descricións dos elementos, categoría, estado, estrutura cristalina -con imaxes-, símbolo, número atómico, punto de fusión, electronegatividade, configuración de electróns, isótopos, e moito máis.

12. Zoology Invertebrates part 1, aprende sobre invertebrados
Se queres estudar aos animais invertebrados Zoology Invertebrates é unha poderosa aplicación con imaxes e interesantes explicacións que describe os ciclos vitais de varios tipos de invertebrados como os protozoos, as esponxas, os nemátodos, os moluscos e moitos máis.

13. Termodynamics Calc., para face-los teus cálculos de termodinámica
Termodynamics Calc. contén 44 calculadoras para conseguir resultados rápidos sobre diferentes parámetros comúns da termodinámica como son a entropía, a enerxía eficiente, o número de Fourier, o ciclo de Carnot, a constante de radiación ou a enerxía cinética entre moitos outros.

14. Organic Chemistry Nomenclature, aprende química orgánica
Organic Chemistry Nomenclature quere axudarche a aprender química orgánica dunha forma sinxela e rápida a través dunha aplicacion móbil. Os temas para aprender a formulación están divididos polo tipo de moléculas para que así sexa máis sinxelo aprender aos poucos.

15. Amazing Science Facts, curiosidades científicas
Se máis que estudar ou afeccionarte a unha área da ciencia queres aprender un pouco de todo Amazing Science Facts é unha aplicación para gozar da ciencia, repleta de curiosidades científicas que che farán pensar e gozar do mundo que nos rodea.

16. ISSLive, descubre a Estación Espacial Internacional
A NASA ten unha aplicación para vivir todo o que ocorre en Estación Espacial Internacional en tempo real. Podes ver os datos dos sistemas de a bordo en tempo real, os timelines en redes sociais dos residentes da estación, vistas en 3D do centro de control en Houston e moito máis.

17. Chemical Equation Balancer, unha axuda nas túas ecuacións químicas
Se necesitas saber o resultado das túas ecuacións químicas, Chemical Equation Balancer ofréceche o resultado balanceado. Así sempre saberás cal será o resultado da suma de dous compoñentes químicos. Trátase dunha axuda moi sinxela pero completa para os amantes da química.

18. Integral Step-By-Step, soluciona integrais
Tanto se es dos que che gustan as matemáticas,como dos que as sofren, Integral Step-By-Step é unha interesante aplicación que resolve integrais pero coa particularidade de que che mostra todos os pasos seguidos para chegar ao resultado, o que sempre é interesante para aprender

19. Science Quiz, un trivial científico
Se che gusta xogar ao trivial pero queres pór a proba os teus coñecementos científicos xoga con Science Quiz e poderás comprobar os teus coñecementos en física, química, zooloxía e botánica. Trátase dunha aplicación que é á vez educativa e divertida.

20. Biology. Plant Morphology, aprende sobre botánica
Se queres aprender todo o relativo á botánica, as partes das plantas e os tipos de follas, flores e froitos que podemos atopar na natureza Biology. Plant Morphology pode ser de gran axuda. É claro, simple e con ilustracións que axudan a comprender como é cada parte e o seu funcionamento.

21. Biotecnology, para estar á última en biotecnoloxía
Se che gusta a biotecnoloxía esta aplicación manterate informado dos últimos descubrimentos sobre biotecnoloxía animal, en plantas, biofueles, agricultura sustentable, bioética... A información, de diversas fontes, provén tanto de vídeos como de artigos e discusións de expertos en redes sociais.

22. Visual Vector Math, gráficos dos teus vectores
Se traballas con vectores é probable que teñas que realizar bastantes operacións e gráficos con vectores. Con Visual Vector Math poderás facelo todo nun mesmo lugar e de forma automática. Ademais a aplicación ten unha interfaz sinxela e moi intuitiva.

23. NASA App, toda a información da NASA nun só lugar
Se es fan da astronomía e che encanta estar ao día dos descubrimentos da NASA, esta aplicación é imprescindible. Dispón de streaming da televisión da NASA, noticias, imaxes, información das misións, información e conta atrás dos lanzamentos e moito máis.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka Móvil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal