Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Zapatos conectados de MediaTek

Poríaslle unhas zapatillas con GPS ao teu fillo? Mediatek ten unhas que o levan integrado

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/03/15 (11:50)

Na caseta de MediaTek no MWC 2015 atopamos un curioso invento, máis aló das súas novas tecnoloxías. Un deses conceptos que nos demostran do que é capaz a tecnoloxía, e que baixo un nome non moi comercial (361 Smart Kid Shoe) fan acto de presenza na feira de Barcelona.

Que son? Estamos ante unhas zapatillas de neno conectadas creadas por MediaTek facendo uso dun os seus chips, o MT2502. O máis atractivo deste concepto é a conectividade: GPS para coñecer a localización do neno en todo momento e conectividad WiFi. Interesante - e especialmente atractiva - a carga inamlábrica, perfecta agora que até Ikea se mete neste mundo, cunha base azul compatible. É un concepto e por suposto as súas características non son o importante, aínda que MediaTek anuncia unha batería de 520 mAh. sen proporcionar máis datos sobre a súa posible autonomía.


Así queren que sexa o mundo conectado
A tendencia é que todos os dispositivos terminen conectándose, dalgunha ou outra forma, e este concepto de MediaTek é unha mostra máis do que nos pode deparar o futuro. Por suposto non deixa de ser un prototipo, e como tal carece de moitos detalles que nos gustaría coñecer no produto comercial.

Doutra banda, MediaTek move ficha como algo máis que un simple deseñador de chips penetrándose no que a súa tecnoloxía é capaz de facer. Eles non serán os encargados de fabricar estas zapatillas e serán terceiros fabricantes os que, en caso de estar interesados, o fagan. Sexa como for, lamentablemente non parece que sexa un labor no curto prazo.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal