Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mobile4Change

Telefónica busca novas aplicacións para mellorar a sociedade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/03/15 (12:31)

Telefónica Educación Dixital puxo en marcha o concurso Mobile for Change, en colaboración con Qualcomm incorporated, a través dunha iniciativa Qualcomm Wireless Reach e conta co patrocinio da Unesco.

Esta iniciativa internacional ten como obxectivo o desenvolvemento de aplicacións móbiles, que acheguen melloras na sociedade.

Mobile for Change é un concurso no que os participantes poderán presentar aplicacións móbiles relacionadas coa educación, o emprendemento, estilos de vida saudables, a arte, a creatividade, a sustentabilidade ambiental, a seguridade pública, a inclusión social e ao empoderamento da muller.

Ademais, os organizadores da iniciativa ofrecen a posibilidade ao participante de formarse en diversas tecnoloxías a través dos cursos gratuítos (MOOCS): Desenvolvemento de Aplicacións Móbiles de Realidade Aumentada e P2P e Emprendemento e App Inventor que se atopan aloxados na plataforma Miríada X.

A competición conta con tres categorías, unha categoría xeral, na que todas as aplicacións presentadas participan, e dúas categorías especiais, unha na que poderán participar aquelas que se destinen ao emponderamento da muller, e outra destinada a aquelas que foron creadas por mozas e mozos entre 18 e 25 anos.

Ao final do concurso haberá nove premiados, tres por cada categoría. O primeiro premio de cada categoría consiste na promoción do gañador e a súa aplicación nun evento internacional.

Tema: Xeral
Fonte: Expansión
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal