Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Centac

Premio Raíña Letizia 2015 de Tecnoloxías da Accesibilidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/05/15 (09:10)

A Fundación do Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) patrocina a metade do Premio Raíña Letizia de Tecnoloxías da Accesibilidade 2015, xunto co Real Padroado sobre Discapacidade.

O galardón, que ascende a 20.000 €, será outorgado en función de aspectos como o grao de comercialización, a innovación do proxecto ou a súa viabilidade.

Tamén se terán en consideración as tecnoloxías utilizadas e a madureza das mesmas, valorando preferentemente os sistemas abertos, estándares, universais e gratuítos, o custo alcanzable para o usuario final, o público obxectivo que se vería beneficiado pola solución ou proxecto, a accesibilidade e usabilidade da solución, e a participación efectiva das persoas con discapacidade ou maiores na definición, experimentación, desenvolvemento ou probas.

O obxectivo do premio é incentivar os proxectos innovadores no campo da accesibilidade universal para proporcionar ás persoas con discapacidade unha mellor adaptación nos distintos ámbitos da vida diaria, apoiando a igualdade de oportunidades e a inclusión tecnolóxica.

Ademais da dotación económica, CENTAC formará parte do xurado evaluador dos proxectos, e colabora na difusión e a promoción do mesmo, posto que o premio ten na accesibilidade uno dos seus eixos fundamentais.

O 28 de abril o Boletín Oficial de Estado fixo pública a convocatoria destes premios anuais. O prazo de presentación de candidaturas acaba aos 40 días hábiles tras a data de publicación.

A convocatoria está publicada no Boletín Oficial do Estado.

 

Premios Raína Letizia

A sucesión na Xefatura do Estado e a aceptación por parte da súa Maxestade a Raíña da Presidencia de Honra do Real Padroado sobre Discapacidade, supuxo un cambio no nome do premio, que en edicións anteriores denominábase 'Premios Raíña Sofía'.

Este é o segundo ano da categoría de Tecnoloxías da Accesibilidade, impulsada por CENTAC, cuxo primeiro premio se entrega hoxe mesmo no Palacio do Pardo coa presenza de ambas as raíñas.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal