Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Home falando a un ordeador

Microsoft ofrece soporte técnico específico para persoas con discapacidade

  • A compañía habilita unha líña de atención telefónica para axudar ás personas con discapacidade a utilizar Windows e Office.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/09/15 (10:48)

Microsoft anuncia a dispoñibilidade a partir desta semana dunha liña telefónica de soporte técnico en español para os usuarios dos seus produtos Windows e Office con algún tipo de discapacidade ou que teñan calquera consulta relacionada coa accesibilidade destes produtos.

O soporte, que se prestará a través do teléfono 902 000 002, centrarase na resolución de incidencias relacionadas coa accesibilidade de Windows e Office. O servizo estará dispoñible de luns a venres de 8.00 a 17.00 e será gratuíto; as persoas que fagan uso do soporte telefónico só terán que pagar o custo da chamada.

O servizo de atención telefónica para persoas con discapacidade funcionaba desde hai uns meses en inglés; o español é o segundo idioma que se inclúe neste servizo do que poderán beneficiarse todas as persoas con algunha discapacidade, como a visual ou auditiva, que utilizan Windows e Office xunto con tecnoloxías como lectores de pantalla ou sistemas de recoñecemento de voz, propias ou de terceiros. Nunha seguinte fase está previsto engadir soporte técnico en español a través dun servizo de chat online.

En España, preto de catro millóns de persoas teñen algún tipo de discapacidade, segundo datos do INE. Delas, case tres millóns (o 7% da poboación española) teñen dificultades para realizar actividades básicas na súa vida diaria, incluíndo o uso de computadores. Desde fai máis de vinte anos, Microsoft incorporou nas diferentes versións dos seus produtos máis utilizados (Windows e Office) diferentes funcionalidades de accesibilidade que permiten que persoas con discapacidade poidan utilizar un computador. Este desenvolvemento tecnolóxico realízase baixo a premisa de que as funcionalidades de accesibilidade sexan flexibles para adaptarse con facilidade ás necesidades visuais, motrices, auditivas, de linguaxe ou de aprendizaxe de todos os usuarios, independentemente das súas capacidades funcionais.

Entre as Tecnoloxías de Accesibilidade para persoas con discapacidade que Microsoft incorporou aos seus produtos atópanse:

  • Ferramentas de revisión de pantalla. Un dispositivo de voz artificial (narrador, JAWS, Window-Eyes, etc) presenta en formato voz todo o que aparece na pantalla, incluíndo os nomes e as descricións dos botóns, menú, textos e a puntuación.
  • Sistemas de recoñecemento de voz. Grazas a este programa o usuario pode dar ordes e introducir información no computador, sen ter que recorrer a dispositivos como o rato ou o teclado.
  • Utilidades para ampliar a pantalla. A través do software é posible ampliar unha parte da pantalla que o usuario selecciona, coma se dunha lupa tratásese, mellorando a lexibilidade.
  • Utilidades de control de brillo, contraste, etc. Mediante funcionalidades de configuración específicas, o usuario pode seleccionar opcións de brillo, contraste, combinación de cores, etc., de maneira que a visualización dos textos se faga máis cómoda no caso de ter algunha dificultade de visión.
  • Teclado en pantalla. Permite seleccionar as teclas utilizando o rato, a pantalla táctil, sinaladores, un joystick ou calquera outro dispositivo, para persoas con problemas de mobilidade.

Ademais, Microsoft colabora con numerosas empresas fabricantes de hardware e software en todo o mundo que desenvolven aplicacións, axudas técnicas, periféricos e dispositivos accesibles que funcionan en Windows.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal