Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Accesibilidade ás redes sociais

O CERMI propón que se sancione administrativamente ás redes sociais que non sexan accesibles

  • Desde o día 1 de xaneiro de 2013, en España existe a obriga legal de que as redes sociais máis xeneralizadas se ateñan a condicións de accesibilidade para non excluir do seu uso a persoas con discapacidade ou persoas maiores.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/09/15 (09:12)

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) dirixiuse á dirección xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade solicitando que se abra expediente de investigación ás redes sociais máis estendidas que operan en España e se sancione a aquelas que non cumpran os requisitos de accesibilidade esixidos legalmente.

A pesar deste deber normativo, cuxa inaplicación constitúe unha infracción administrativa que pode ser sancionada, é un feito que gran parte das redes sociais seguen presentando severos problemas de accesibilidade, o que denota que as empresas titulares das mesmas non fixeron o suficiente para cumprir coas leis contra a discriminación por ausencia de accesibilidade que rexen en España.

Ante estes feitos, o CERMI solicitou do ministerio responsable das políticas públicas de discapacidade que abra unha investigación de oficio e que unha vez comprobados os feitos denunciados, sancione administrativamente ás redes sociais infractoras con arranxo ao réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal