Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Guía “Enredate con seguridade”

Guía "Enrédate con seguridade"

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/02/16 (07:58)

Suplantación de identidade, cibercrimen, ciberacoso… son perigos que afrontamos consciente ou insconscientemente cando navegamos por Internet. Un 17% dos europeos é vítima cada ano de suplantacións de identidade, un problema que é especialmente grave no caso das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Aínda que o uso das ferramentas tecnolóxicas segue sendo un dos ámbitos da vida nos que as persoas con discapacidade intelectual están particularmente excluídas, nos últimos anos afortunadamente vimos incrementar o uso da tecnoloxía por parte deste colectivo, algo que facilita a súa vida independente e a súa inclusión social.

Ademais de manter o contacto cos seus amigos, atopar información online, ou buscar oportunidades de traballo, o uso de Internet e das aplicacións móbiles supón grandes beneficios en todos os aspectos da vida destas persoas. Pero desgraciadamente, tamén lles coloca nun risco maior que ao resto da poboación.

Á marxe da súa maior dificultade para dar un consentimento legal válido, os problemas destas persoas á hora de entender os mecanismos de rectificación, ou mesmo o simple feito de dispor de información accesible que podería identificar a alguén como un usuario con discapacidade intelectual, fan que sexan moito máis vulnerables na rede e máis propensas a sufrir abusos que o resto.

Por iso, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de publicar “Enredate con seguridade” unha nova guía en lectura fácil para formar ás persoas con discapacidade intelectual en protección de datos e de condutas seguras na rede, pois é crucial dotar ao colectivo de apoios persoais e de coñecementos suficientes para que decidan que información queren compartir con outras persoas. Non haberá plena inclusión social ata que estas persoas poidan gozar de todos os aspectos da súa vida en igualdade de condicións.

Apoialas no uso seguro de Internet terá gran impacto na súa independencia, o seu benestar e o seu sentido da propiedade.

Tema: Xeral
Fonte: AFundacion
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal