Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Carteira de servizos

APOIOS DIXITAIS

O APOIO DIXITAL é o modo no que os voluntarios ofrecen a súa axuda e os seus coñecmentos para que os participantes no proxecto poidan acercarse ás novas tecnoloxías

O APOIO DIXITAL é o servizo principal que ofrecerá a nova rede de voluntariado ós colectivos de actuación do proxecto través de dúas modalidades:

  • Voluntariado presencial: impartirase directamente dende as aulas tanto públicas como privadas adscritas á Rede as cales poden ser:
    • Aulas Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CEMIT)
    • Aulas aportadas polos mecenas dixitais
    • Bibliotecas públicas
    • Aulas aportadas polas entidades de acción voluntaria que soliciten apoios dixitais
    • Centros sociocomunitarios …
  • Voluntariado virtual: impartirase de maneira virtual aproveitando as posibilidades que ofrecen as  tecnoloxías, sempre e cando así o soliciten as entidades de acción voluntaria.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal