Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Petición de ponencias para unha xornada sobre Software libre e o terceiro sector

Versión para impresiónSend by email
Descrición:

A Amtega abre o prazo para achegar contribucións e propostas de relatorios por parte tanto de empresas ou entidades implantadoras de solucións libres, voluntarios dixitais con experiencia en software libre ou asociacións de usuarios de software libre, como por parte de entidades de acción social que xa estean empregando software libre na súa xestión ou actividade diaria, e que desexen achegar a súa experiencia a outras entidades.

Unha vez rematado o prazo de recepción de contribucións, farase unha revisión das mesmas e comunicarase aos interesados se foron aceptadas ou non, en función da relación coa temática da xornada e o tempo dispoñible, procedendo entón á elaboración do programa da xornada e apertura da inscrición na mesma.


Destinatarios:
Empresas ou entidades implantadoras de solucións libres, voluntarios dixitais con experiencia en software libre ou asociacións de usuarios de software libre

Lugar:
Online

Comezo rexistro:
Ven, 21/08/2015

Fin rexistro:
Lun, 14/09/2015

Data inicio:
Lun, 14/09/2015

Data fin:
Lun, 14/09/2015



Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal