Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Sempreviva 3.0 achegará as TIC aos maiores da Bisbarra do Morrazo

A empresa Sempreviva 3.0 achegará as TIC aos maiores da Bisbarra do Morrazo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/10/13 (09:30)

O Concello de Cangas, en Pontevedra, no seu esforzo por fomentar a creación de condicións favorables para a creación de emprego e o desenvolvemento económico no municipio, acaba de poñer en marcha o viveiro de empresas, unha iniciativa pioneira na Bisbarra do Morrazo. A primeira empresa en sumarse a este grupo é Sempreviva 3.0, unha entidade de servizos destinada a dinamizar e achegar o uso das novas tecnoloxías da información ás persoas maiores de 50 anos, persoas con discapacidade e interesados en xeral en formarse nesta materia.


A súa promotora, Julia Martínez, destaca como obxectivo do proxecto conseguir a conexión destes colectivos co seu ámbito a través da tecnoloxía virtual, proporcionándolles as ferramentas que lles permitan manter un contacto habitual con familiares e amigos, "facelas visibles e útiles socialmente, como xeito de alonxar ideas de soidade, inutilidade e aillamento que ás veces inciden nestes colectivos", destacaron. Ademais, esta empresa tamén levará a cabo unha iniciativa denomiada "baúl de xastre", que consistirá en bolsas de traballo, seguindo o modelo dos bancos do tempo, é dicir, creados coa finalidade de facer recados e xestións aos seus clientes, así como colaboracións con distintas asociacións da bisbarra. Este proxecto empresarial caracterízase pola súa diversificación en servicuos e actividades que xa están a funcionar a pleno rendemento cos primeiros alumnos.


En virtude do contrato asinado con esta empresa, Sempreviva 3.0 poderá dispoñer da oficina cedida polo concello durante un período de 12 meses, prorrogable por seis máis, por unha renda mensual de 60 euros.


A edil de Emprego do Concello de Cangas, Berta Pérez, estivo presente na apertura desta nova empresa á que desexou moita sorte na súa nova andaina.


Achegar o uso das TIC ás persoas maiores implica romper coa denominada fenda dixital que impide a moitos sénior beneficiarse das vantaxes que a tecnoloxía pode ofrecerlles na súa rutina diaria.


Así pois, a tarefa de Sempreviva 3.0 cumprirá cun labor fundamental nesta rexión, xa que son moitos os maiores que demandan unha aprendizaxe nesta materia. 

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal