Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Científico contemplando analizador de sudor

Este wearable analiza a nosa suor para saber como nos atopamos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/10/14 (10:27)

A suor, por moi desagradable que poida resultar nalgúns momentos, dá moitísima información de como estamos. É a nosa forma de arrefriar o corpo pero nesas pingas hai moitos datos útiles para facer revisións e saber o que nos ocorre. Por iso na universidade de Cincinnati propuxéronse crear un dispositivo capaz de analizalo e enviar eses resultados ao móbil.

O seu tamaño é similar ao dunha tirita e é o traballo de cinco anos de investigación buscando unha forma de crear un sistema de monitorización capaz de detectar enfermidades, lesións, tensións e outras variables para analizar os datos e facer recomendacións de dietas, elaborar diagonósticos, etc.

Na suor hai moita información útil
Como podedes ver na foto, trátase dun dispositivo parecido a unha tirita e o certo é que é bastante sinxelo. Entre a capa que o cobre e o adhesivo que o pega á pel temos un circuíto flexible cun sensor, unha antena e un pequeno conxunto de chips para ser capaz de analizar a suor.

Orixinalmente o proxecto estaba orientado a ofrecer unha ferramenta discreta e "invisible" para os pilotos das forzas aéreas dos Estados Unidos. Co paso do tempo foron ampliando miras para crear algo que sexa útil a máis persoas coma por exemplo aos atletas; o problema é que tampouco lles é demasiado útil debido a que o nivel de sodio e cloruro non dá moita información sobre os niveis no sangue.

Doutra banda, medir os niveis de sodio e cloruro pode ser útil para certas enfermidades como os diagnósticos de fibrosis quística. No deseño desta tirita cuantificadora hai un elemento moi importante: o papel microfluídico. O seu uso é relevante por un simple motivo: permite facer unha análise rápido da suor e evitar que se mesture con suor nova que estrague os resultados da proba.

Aínda que neste cinco anos avanzaron moito aínda teñen algúns desafíos importantes por diante. O sensor non é capaz de medir os niveis exactamente en sangue tendo en conta os metabolitos da suor polo que, por exemplo, aínda non se podería utilizar para medir o nivel de glicosa.

O principal interesado en utilizar esta tecnoloxía é o exército dos Estados Unidos e a actual xeración deste wearable vai bastante avanzada. Xa conta con conectividade Bluetooth, almacena datos nunha pequena memoria e é capaz de detectar sinais de alta frecuencia e máis complexas dos sensores que ten. Non esperedes levar este wearable deica pouco pero hai que recoñecer que o avance neste campo é moi interesante.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal