Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Impresora 3D entresD UP Plus2

entresD UP Plus2, a mellor impresora 3D para o sector educativo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/11/14 (08:57)

Make é unha publicación norteamericana que se converteu en 'a Biblia' para profesionais e afeccionados da impresión 3D e o Do it Yourself de todo o mundo.

Na súa prestixiosa guía anual sobre impresión en 3D analízanse as impresoras que pola súa calidade, rendemento, usabilidade ou características especiais deberían ter en conta usuarios, empresas e institucións que queiran adquirir un destes dispositivos.

Entre as características que o equipo evaluador de Make ten en conta atópanse a calidade de impresión e os acabados, a sinxeleza á hora de realizar impresións, os materiais dispoñibles, o espazo que ocupa o equipo, as industrias e sectores nos que máis influencia pode ter cada impresora, a consistencia na calidade das pezas impresas, o software utilizado e a súa sinxeleza de uso. Todo iso, xunto co prestixio e experiencia dos evaluadores, fan da 'Buyers Guide' unha referencia no mundo da impresión 3Dean todo o mundo.

Este ano a revista testeou as que eles consideran as 26 mellores impresoras 3D a nivel mundial. A UP Plus2 foi seleccionada como unha das 10 mellores.

A avaliación da UP Plus2, distribuída no mercado norteamericano co nome de Afinia, foi realizada por Josh Ajima, profesor de tecnoloxía en educación secundaria en Estados Unidos e especializado no uso da impresión 3D na aula. A review de Make sinala que "coa UP! Plus 2 refórzase a reputación desta impresora en canto a facilidade de uso, destacando nesta nova versión a plataforma de autocalibrado".

A UP Plus 2 conta cunha plataforma de calibración automática de nivelación e de altura para proporcionar un óptimo acabado da peza en cada impresión. Esta funcionalidade de autocalibrado asegura unha impresión perfecta para cada peza e é unha das características máis sobresaíntes desta impresora, que en España está distribuída pola compañía entresD. Segundo o evaluador da guía anual esta característica "sorprende até aos usuarios máis avanzados e demostra a importancia de que a calibración sexa automática".

Tamén se destaca a súa simplicidade de uso, o gran acabado das superficies impresas e as tolerancias con que traballa a máquina. Todo isto fai que sexa recomendada para empresas e educación, e non tanto para "tinkerers" aos que lles gusta experimentar cos compoñentes da máquina. "Ofrece unha experiencia moi consistente que ha de atraer aos novos usuarios de impresoras 3D", indica Josh Ajima.

"Como di o informe, no mercado hai impresoras máis bonitas e co interface máis vistoso. Pero cando se trata de calidade de peza, tolerancias e consistencia na produción de modelos, poucas impresoras están á altura da UP Plus2 e ningunha a este nivel de prezo. Ademais, é capaz de imprimir en ABS, o material máis utilizado a nivel profesional", destaca Marc Torras, director xeral de entresD.

No ano 2013 a UP Plus (predecesora da UP Plus2) foi a gañadora absoluta da comparativa. No ano 2014 Make decidiu segmentar as impresoras en categorías, e a Plus2 foi a gañadora da súa categoría. Este ano a revista optou unicamente por seleccionar as 10 mellores, e a Plus2 está dentro das 10 mellores. Así que desde que saíu ao mercado foi seleccionada consistentemente como unha das mellores impresoras 3D.

 

A mellor elección para as Pemes e o mundo educativo
Esta calidade de impresión, facilidade de uso, robustez e calibración automática é o que dá á entresD UP Plus2 as claves para ser unha excelente elección para os departamentos de deseño de Pemes e o mundo educativo, xa que non se requiren coñecementos técnicos para utilizala. Así, tanto deseñadores como profesores e alumnos, poden empezar a traballar nos seus modelados axiña que como a impresora está conectada.

Outra característica que destaca a revista Make da UP Plus2 é o seu software sinxelo e intuitivo, tamén vital cando estamos en contornas como o departamento de deseño dunha PEME ou unha aula, onde non tratamos con expertos no mundo da impresión: "O  software a UP Plus 2 é fácil de usar e proporciona todos os elementos esenciais para o corte e impresión, cunha interfaz de control moi sinxela", comenta Ajima.

"O 80% das impresoras 3D que vendemos en entresD son para departamentos de deseño de pequenas empresas, e o sector educativo é un dos que están a crecer máis actualmente. A review de Make basicamente confirma o que xa sabemos", afirma Marc Torras.

En España, ELISAVA Escola Superior de Deseño e Enxeñaría de Barcelona utiliza impresoras entresD UP Plus2 para mellora-lo desenvolvemento dos proxectos dos seus alumnos. As impresoras 3D son unha ferramenta que permite que  o deseñador ou estudante teña capacidade de poder visualizar, manipulando volumes, formas, e por tanto acabados, unións de diferentes pezas e diferentes produtos. Co uso das impresoras 3D para validar o deseño dos seus proxectos, redúcese o tempo de desenvolvemento e execución, e mellórase o produto final.

"O baixo custo actual tanto das impresoras 3D como das pezas que se imprimen abriu a porta á súa implantación en pequenas empresas, escolas e universidades. No ámbito educativo, a súa característica máis interesante é a de potencia-la creatividade dos alumnos, permitíndolles levar as súas ideas á práctica en moito menos tempo que actualmente, e cun custo moito máis baixo ",  sinala Marc Torras, director xeral de entresD.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal