Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Twitter

Segue o curso "Redes sociais e comunicación 2.0" a través de Twitter co hashtag #socialmaisTIC

 



  • A xornada poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC.

  • Máis de 200 persoas participarán hoxe no primeiro módulo "Redes sociais e comunicación 2.0”

  • Neste primeiro módulo analizaranse os principais obxectivos de comunicación do terceiro sector e presentaranse casos de éxito de empresas na implantación dunha estratexia de comunicación dixital.

  • O prazo de inscrición no segundo módulo "Identidade dixital"  remata o día 12 de xuño.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/06/13 (10:20)

Hoxe dará comezo o curso promovido polo Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, co seu primeiro módulo "Redes sociais e comunicación 2.0”  no que participarán máis de 200 persoas e que ten como obxectivos mostrar aos asistentes como as novas tecnoloxías, os dispositivos móbiles e os servizos baseados na tecnoloxía web, revolucionaron o xeito en que accedemos á información e a maneira en que nos relacionamos co mundo que nos rodea.


As persoas participantes asistirán hoxe á ponencia de Víctor Gómez, consultor e formador nos ámbitos de innovación e marketing dixital, que amosará como o terceiro sector terá, como principais obxectivos de comunicación nos próximos anos, a captación de fondos, a colaboración entre as propias entidades sociais e o impulso da participación social e a mobilización cidadán, incidindo na transparencia como valor fundamental para a consecución des seus obxectivos.

Mañá venres 7 de xuño, mostraranse exemplos de boas prácticas dos sectores turismo, hostalería, restauración e moda, que teñen implantado con éxito unha estratexia de comunicación dixital, coa participación dos seguintes ponentes:



  • Fran Rodeiramar. RODEIRAMAR 2A. Hostal y Apartamentos Turísticos en la Playa de Rodeira en las Rías Baixas.

  • Yago Pazos. ABASTOS 2.0. Espacio gastronómico que ofrece un mesado que funciona como pase, divide una cocina del siglo XXI a modo de escaparate de un pequeno espacio concebido para el goce y placer de la gastronomía de mercado. Diseño, tradición y producto se mezclan en un local que se remonta a 1873.

  • María Fenández. M CAFÉ E COPAS. Cafetería en la zona vieja de Santiago.

  • David Serantes, Blog y Podcast de divulgación sobre tecnología móvil en la parrilla de blogs de la Voz de Galicia

Síguenos a través de Twitter co hashtag: #socialmaisTIC 


 

Tema: Xeral
Fonte: Voluntariado Dixital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal