Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Culler establizadora

Google comeza a vender as culleres Liftware para enfermos de Parkinson

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/11/14 (08:17)

Hai tempo que vimos falando de Lift Lab, a empresa que comezou a desenvolver unhas culleres estabilizadoras para combate-los tremores que sofren sobre todo os enfermos de Parkinson. Google adquiriu esa empresa e o seu responsable continuou esa liña de traballo na división Google X.

Tras todos estes meses xa temos novas noticias: as culleres Liftware puxéronse á venda por un prezo de 295 dólares. Os responsables deste desenvolvemento aseguran que este dispositivo pode reducir nun 76% os tremores que o usuario desta solución tería cunha culler convencional.

A culler Liftware utiliza unha serie de sensores que detectan a vibración en tempo real e que fan que a culler se mova na mesma dirección e coa mesma velocidade pero en sentido contrario conseguindo a cancelación do movemento inicial.

Este produto está especialmente orientado a persoas que sofren de tremores esenciais ou de Parkinson. A implicación de Brin non é casual: a súa nai está afectada polo Parkinson e el mesmo indicou que ten unha mutación xenética asociada con esta enfermidade, para a cal doou máis de 50 millóns de dólares en busca dunha cura.
 

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal